Manuais para emprendedores
- Recursos e ferramentas para emprender
-
Explica de forma detallada os recursos e programas de apoio á creación e consolidación de empresas que ofrece Bic Galicia, ademais de presentar os principais organismos públicos que traballan no campo do desenvolvemento socioeconómico e as fontes de información oficial.
- Como presentar un proxecto en público
-
Unha presentación empresarial pode ter como finalidade persuadir á audiencia para que financie un proxecto, compre un producto ou servizo, participe no proxecto...etc. Explicamos os elementos que forman parte dunha boa presentación: Medios, fases e técnicas básicas.
- Trámites xeraís para a creación da empresa
-
Aborda os contidos e aspectos relacionados coa posta en marcha da empresa, é dicir, a elección da forma xurídica e os trámites legais, administrativos e mercantís que é necesario coñecer á hora de pensar en crear unha empresa.
Trámites xeraís para a creación da empresa
Anexo: Constitución telemática de SL y empresario individual
- Guia para o plan de negocio
-
A Guía para elaborar un Plan de Negocio explica cales son a estructura e os contidos fundamentais dun plan de empresa, dando resposta a moitas das dúbidas que se presentan a un emprendedor no momento de iniciar seu propio proxecto.
- Escoller a forma xurídica: autónomo ou sociedade limitada?
-
O caderno ofrece unha comparativa entre as dúas fórmulas escollidas maioritariamente polos emprendedores, presentando os elementos e criterios que facilitan a toma de decisións
- Utilizar as TIC para fortalecer a túa empresa
-
O caderno analiza a utilidade e aplicación das TIC nas pequenas e medianas empresas. Examinando o seu uso en ámbitos como a comunicación e mercadotenia, xestión de procesos, ou o aproveitamento da Web da empresa.
- Como elaborar a análise DAFO
-
O cuaderno describe o proceso de elaboración e deseño dunha matriz DAFO (Debilidades, Amenazas, Fortalezas e Oportunidades).
- A miña empresa necesita un blog?
-
O cuaderno reflexiona sobre a idea dos blogs corporativos, os seus beneficios e dificultades e a súa función como un elemento da estratexia de comunicación da empresa.
- Atraer e fidelizar clientes
-
Describe os aspectos básicos da xestión de clientes, como captalos e fidelizalos a través do desenvolvemento de accións de promoción e a atención as súas dúbidas e reclamacións.
- Conceptos básicos de tesouraría
-
O caderno trasmite a importancia da tesouraría e a necesidade de operar planificando os cobros e os pagos, aportando suxerencias que permitan aos empresarios xestionala da mellor maneira posible.
- Eres un bo negociador?
-
O caderno da a coñecer os principios básicos da negociación, qué caracteriza a un bo negociador, estilos de negociación, tácticas... e a súa apliación práctica nas reunións con bancos e caixas para acadar financiamento.
- A que me obriga a Lei Orgánica de Protección de Datos
-
O caderno recolle aspectos básicos da xestión e aplicación da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal nas empresas. Explícanse de forma sinxela os principais aspectos que regula a norma ademais de presentar modelos tipo para algunha das accións que se deben realizar.
- Atrae investidores para o teu proxecto
-
Describe o proceso para captar capital de investidores privados –business angels e sociedades de capital risco- que son, como se contacta con eles, que valoran e que demandan dos proxectos que apoian.
- Emprender en tempos de crise
-
Non emprender en tempos de crise parece, de entrada, que é unha decisión acertada, iso fai que se pasen por alto diferentes oportunidades que, realmente, serían un bo punto de partida para un emprendemento.

