INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Inicio > Bic Galicia > Novas
Boletín de Noticias IGAPE - BIC Galicia Altas  | Baixas | Consultas  Boletín de Noticias IGAPE - BIC Galicia     RSS Novas
Noticias
AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- Programa de incentivos ás empresas cualificadas como IEBT
Xoves 13 de Xuño de 2013 01:00

ORDE do 29 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Ler máis: DOG

 
AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- Programa Innoempresa
Xoves 13 de Xuño de 2013 01:00

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2013 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Leer más: DOG

 
AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- Contratación de Xestores de internacionalización (IGAPE)
Xoves 13 de Xuño de 2013 01:00

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2013 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para a contratación de xestores Igapex de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2013 en réxime de concorrencia non competitiva.

Ler máis: DOG

 
AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- subvencións para implantar a RSE e a igualdade nas pemes
Xoves 13 de Xuño de 2013 01:00

ORDE do 3 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE) e a igualdade nas pequenas e medianas empresas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se convocan para o exercicio 2013.

Ler máis: DOG

 
AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- subvencións a investimentos no ámbito da acuicultura
Xoves 13 de Xuño de 2013 01:00

ORDE do 3 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a investimentos no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca, e se convoca para o exercicio 2013 o devandito procedemento.

Ler máis: DOG

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Fin >>

Páxina 3 de 229