| Notas de traballo |
|
Trátase dun conxunto de 42 fichas de traballo para as 5 unidades en que se dividen os contidos: Podo eu poñer en marcha o meu proxecto de empresa?, Onde atopar ideas e como ver se esas ideas son interesantes?, Como obter o que necesito para elaborar un proxecto de empresa?, Como elaboro o proxecto de empresa e determino a súa viabilidade?, Como transformo un proxecto viable nunha realidade? Estrutúranse da seguinte maneira: Presentación: Actividade de desenvolvemento de ideas a partir do tema: por que non se crean máis empresas? Unidade 1: Expóñense seis situacións reais ou ficticias na que os personaxes deciden emprender un proxecto empresarial: Xestión de residuos por microempresas; Cooperativa de mariscadoras; Restaurante familiar; Restaurante de cociña innovadora; Establecemento de venda de DVD´s e a historia do economista Muhammad Yunus. Unidade 2: Contén unha serie de exercicios que consisten na identificación e análise das oportunidades de negocio. Unidade 3: Componse de dúas actividades de análise dun proxecto de empresa e dos recursos dispoñibles para a súa elaboración. Unidade 4: Esta unidade comprende tarefas de descrición do proxecto emprendedor creado en unidades anteriores e o estudio dos factores que determinan a súa viabilidade: o mercado potencial; as alternativas de distribución do produto; os clientes potenciais; a competencia; os provedores; os recursos humanos; análise DAFO, etc. Unidade 5: Neste capítulo o alumno coñecerá, a través da realización de diversos exercicios prácticos, os pasos necesarios para a constitución e a posta en marcha dun negocio. |
