| Xornadas Benvende 2012 |
|
A Concellería de Economía e Industria, a través de BIC Galicia, pon en marcha o Programa Benvende, que ten como finalidade fomentar as relacións comerciais entre as empresas galegas a través de xornadas de negocios. Estas xornadas, que se celebrarán de forma periódica, son un foro aberto no que as empresas se poden dar a coñecer, ofertar os seus productos e servizos e aumentar a súa rede de contactos. Trátase de impulsar novas oportunidades de negocio, de unir esforzos e crear sinerxias que favorezan ao conxunto do tecido empresarial galego, e de fomentar a cooperación para reactivar a economía e o emprego. DINÁMICA DAS XORNADAS As persoas participantes presentarán as súas empresas, en reunións de 15 minutos de duración, a cada unha das demais. Desta maneira, o contacto persoal e directo está garantido, facilitando os encontros que posteriormente se poidan establecer para presentacións máis extensas.
Máis Información: Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo
|





