INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

ECO-INNOVA@
 Ecoinnova
 

Xornada ECO-INNOV@ : Escola Politécnica Superior
R/ Benigno Ledo, Campus Universitario, Lugo.

24 de maio de 2012 

ECO-INNOV@ é un proxecto desenvolvido en Galicia, no Principado de Asturias e Cantabria, co obxectivo de promover a incorporación de procesos innovadores na xestión dos negocios, e mostrar novas potencialidades do entorno natural que permiten a implantación dun sector empresarial emerxente denominado ECO-INDUSTRIA.

Grazas á ECOINNOVACIÓN é posible obter bioproductos e bioservizos, a partir dun mellor aproveitamento de recursos da gandeiría e a agricultura.   

Durante esta Xornada, empresas galegas do sector da agroalimentación como AGROAMB PRODALT e NUCAMSA contarán as suas experiencias empresariais en Ecoinnovación e expertos nesta materia amosarán as ventaxas da sua aplicación para as empresas.

Na Xornada tamén se proxectará o documental “Muuuucho más que leche” no que participaron empresas e entidades galegas no que se mostrará cómo mediante a aplicación de procesos ecoinnovadores,  pódense xerar novas actividades empresariais a partir dun recurso tan tradicional e tan noso como a gandeiría bovina de leite e carne. 

DIRIXIDO A:

  • Emprendedores e empresarios/as
  • Entidades e organizacións vinculadas á promoción empresarial, a investigación e a innovación
  • Medios de comunicación

Folleto da xornada ECO-INNOV@   pdf

Inscricions: Inscrición gratuita, aforo limitadoFormulario de inscri´ción

MÁIS INFORMACIÓN:

En Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo ou no teléfono 981546813

 

 Logos