| Recursos |
|
De información:
Ofrecen información sobre: Análise da demanda, Provedores, Clientes, Análise de competitividade, Financiamiento, Convenios colectivos, Feiras, Axudas, Normas sectoriais ... Analízanse sectores: Agricultura, gandaría e pesca. Comercio por maior e por menor. Mobles e carpintaría metálica. Fabricación produtos. Produtos artesanais. Atención sanitaria. Asesoría e consultoría. Actividades de formación. Atención á terceira idade e nenos. Ocio, diversión e cultura. Transporte e reparación de vehículos. Imaxe, comunicación e son. Novas tecnoloxías. Turismo e Hostalaría... Oportunidades de negocio en entornos locais : Estes documentos conteñen a información das Oportunidades de Negocio realizadas para Galicia, pero con información adaptada á realidade socioeconómica de cada territorio de análise.
O Banco de Proxectos empresariais é unha base de datos con máis de 120 ideas que se converteron en empresas. Cada ficha conten información sobre os aspectos máis importantes de cada unha delas, como a orixe da idea, a inversión necesaria para poñela en marcha, o xeito en que dita inversión foi financiada, o perfil dos emprendedores, as claves do éxito, as dificultades inicias, os riscos aos que se enfrentan.
FICHAS INFORMATIVAS (MEMOFICHAS) Explicación detallada de Trámites de constitución dunha empresa, Formas Xurídicas, Obrigas do empresario, Contratos: laborais, de compravenda, arrendamentos, bancarios, .... Protección de ideas, sistema fiscal e de financiamento, etc. Necesarias tanto nos comezos como no funcionamento diario dunha empresa.
Cada modelo desenvolve un proxecto empresarial de forma íntegra, mostrando unha análise da viabilidade técnica, comercial, financeira e económica da futura empresa, co obxectivo final de presentar un documento completo, que sen substituír o traballo específico do emprendedor ou do técnico, lle facilite información de interese e lle sirva coma exemplo e referencia para o desenvolvemento do seu propio plan de negocio.
Documentos que ofrecen a emprendedores e empresarios as pautas necesarias para crear a súa propia análise en temas de xestión empresarial, tales como: mercadotecnia, internacionalización, innovación, novas tecnoloxías, etc.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO: Aborda os principais aspectos implícitos no desenvolver diario da xestión de calquera autónomo, con independencia do seu ámbito de actividade. CADERNOS DO AUTÓNOMO: De carácter máis especializado que os contidos da Guía Básica, inciden naqueles aspectos máis concretos da xestión dun negocio.
A colección está integrada por unha serie documentos na que se abordan distintas áreas temáticas sobre actividades relacionadas coa xestión empresarial: xestionar os recursos financeiros, desenvolver a política comercial da empresa, implementar elementos 2.0 na empresa…etc.
Unha busca guiada e estruturada de información sobre cuestións chave na creación, xestión e consolidación do seu proxecto empresarial. A súa estrutura permite tanto realizar buscas concretas para resolver unha dúbida, como achegarse e profundizar sobre o tema estudado por cada Titorial, acadando deste xeito un amplo coñecemento do mesmo.
Ferramenta para realizar o Plan Económico Financeiro orientada a proxectos sinxelos ou que non requiran dun gran desglose da información económica. Trátase dunha aplicación executada en entorno office 2000 OU 2003, con Microsoft Word e Excel..
A Este produto específico Emprendendo, agrupado baixo o nome xenérico Emprendendo®Plan de empresa, ofrece os seguintes produtos:
GUÍA PARA A ELABORACIÓN DO PLAN DE NEGOCIO A Guía para elaborar un Plan de Negocio explica cales son a estructura e os contidos fundamentais dun plan de empresa, dando resposta a moitas das dúbidas que se presentan a un emprendedor no momento de iniciar seu propio proxecto.
Outros: Base de Axudas e Subvencións
|


.gif)