O obxectivo da nova Rede galega de empresarios mentores, reside na articulación dun novo instrumento de apoio á creación, consolidación e crecemento das empresas galegas a través dun proceso estructurado de compartición de coñecemento entre empresarios.
o Proxecto MEDRA é unha acción de apoio continuado e persoalizado ás empresas novas, empregando os instrumentos máis axeitados ás súas especificidades.
Diríxese a pequenas e medianas empresas de non máis de 4 anos de existencia.
Metodoloxía do proxecto
Auto-diagnóstico asistido que nos permitirá coñecer e tipificar as características xerais da empresa interesada
Elaboración de unha Visión de empresa que responda á pregunta ¿Cara onde quero ir no futuro como empresa?.
Itinerarios de formación - acción adaptados e personalizados á tipoloxía de empresa e á súa visión.