Recursos Tecnicos de Emprego
- Emprendedores
-
XERACIÓN DA IDEA
Test do emprendedor
Detrás de todo proxecto empresarial está o emprendedor que o quere levar a cabo. Aquí tes un cuestionario que che axudará a valorar as capacidades emprendedoras e empresariais.
Autodiagnóstico do emprendedor
Test de características e actitudes para ser emprendedor.
O núcleo do sistema é un cuestionario de 25 preguntas pechadas, distribuídas en sete características do emprendedor(motivación, iniciativa e enerxía persoal, perfil psicolóxico, capacidade de relación, capacidade de análise, innovación e creatividade e propensión o risco).
Para realizar este autodiagnóstico vostede deberá rexistrarse, o que lle permitirá ir gardando as valoracións parciais que vaia obtendo e conseguir un informe impreso cos resultados finais.
Banco de proxectos empresariais
Esta ferramenta recolle máis de 125 ideas que se converteron en empresas. Cada ficha contén información sobre os aspectos máis importantes de cada unha delas.
Banco de ideas en desenvolvemento local
Aquí poderás atopar unha serie de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas, que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e poñer en marcha os seus propios proxectos.
Oportunidades de negocio
Son unha colección de traballos estatísticos e de informe sobre sectores profesionais e actividades. Nestas guías poderás atopar datos do sector, estado de situación, evolución e previsións para o futuro. Afondando nunha actividade empresarial concreta disporás de información sobre os produtos ou servizos, políticas de prezos ou estratexias de promoción e venda. Constitúen unha ferramenta analítica de información sobre actividades empresariais.
Oportunidades de negocio en entorno locais
Son unha serie de guías de actividade empresarial realizadas con información adaptada a realidade socioecónomica de cada territorio.
Bioemprende
Este iniciativa ten entre os seus obxectivos difundir a cultura emprendedora nos campos da biotecnoloxía na Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal.
MEMOFichas
Compendio de información sobre: Constitución dunha empresa, formas xurídicas, contratos, protección de ideas, sistema fiscal e de financiamento, funcionamento da empresa, obrigas do empresario, proteccion de datos e lexislación laboral.
AVALIACIÓN DA IDEA
Test de avalilación da idea
Este test permite, ao longo de 32 preguntas, analizar distintos aspectos para determinar o grao de desenvolvemento e viabilidade previa dunha idea de negocio.
Informes de sectores
Aquí recóllense unha serie de informes que poden ser un apoio para potenciais emprendedores, e nos que hai información sobre a situación de diferentes sectores de actividade.
PLAN DE EMPRESA
Ferramenta de viabilidade
Ferramenta sinxela de análise da viabilidade dos proxectos empresariais.
Guía para a elaboración dun plan de negocio
Esta guía intenta dar resposta ás dúbidas máis comúns que ten un emprendedor á hora de elaborar o seu plan de empresa.
Guía para a elaboración do plan de empresa
Trátase dun documento interactivo que identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio e examina a súa viabilidade técnica, económica e financiera. O documento xerado servirá ademais de referencia para comprobar as desviacións que se produzan na marcha do proxecto.
Modelos de plans de negocios
Pequena colección de modelos de plans de negocio destinada especialmente a emprendedores e a técnicos de apoio á creación de empresas. Cada un destes modelos desenvolve un proxecto empresarial de forma íntegra, amosando a análise da viabilidade técnica, comercial, financeira e económica.
Oportunidades de negocio
Trátase dunha colección de traballos estatísticos e de informe sobre sectores profesionais e actividades.
Para facilitar a realización do plan de empresa, ofrécese nas distintas guías unha análise económico-financeira de carácter orientativo que inclúe previsión de vendas, ingresos, investimentos e gastos que debe afrontar o emprendedor para poñer en marcha o seu negocio.
Oportunidades de negocio en entornos loais
Esta ferramenta segue a mesma liña que as Guías de oportunidades de negocio, coa particularidade de que están adaptadas a entornos locais. Deste xeito, os datos que se tiveron en conta para facilitar a realización a análise económico financeira están tamén adaptados a un territorio concreto.
Viable
Viable é unha ferramenta sinxela que axuda ao emprendedor na realización do plan económico financeiro.
Análise económica - financeira
Esta ferramenta permite obter un plan financeiro a medida, presentado nunha folla de excel de forma sinxela. Preséntase como un cuestionario onde se poden cambiar as variables para comprobar cal sería o seu efecto na contabilidade no primeiro ano de vida.
POSTA EN MARCHA
MEMOFichas
Esta ferramenta resulta eficaz para o emprendedor que comeza a andadura da súa empresa. Existe varias memofichas conteñen información detallada de trámites de constitución da empresa segundo a forma xurídica, formas xurídicas, obrigas do empresario....
Creación de empresas
Aquí poderás atopar as características das diferentes formas xurídicas que pode adoptar unha empresa para exercer a súa actividade, e tamén unha descrición dos trámites a realizar no proceso de constitución e posta en marcha dunha empresa, segundo a forma xurídica adoptada.
Servizo de Apoio a Autónomos
O Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia S.A (Bic Galicia) ofrece o Servizo de Apoio a Autónomos, cuxa finalidade é satisfacer as necesidades deste colectivo en materia de información, asesoramento e capacitación, nos eidos xurídico, económico e de xestión dos seus negocios.
Cooperativas
Esta ferramenta recolle información sobre o cooperativismo, contando cunha serie de servizos específicos como un centro de documentación e biblioteca ou un servizos de consultoría, entre outros.
Sociedades laborais
Nesta páxina atoparás a información basica sobre as sociedades laborais: constitución e creación, normativa e lexislación, fiscalidade, estatísticas, etc.
Guía práctica do comercio
Esta guía pretende dar resposta ás preguntas maís habituais do sector do comercio e á normativa que o regula (apertura, etiquetado, saldos, promocións, venda ambulante...).
Portal Empresarial - Comunidade de Madrid
Nesta páxina do Instituto Madrileño de Desarrollo poderás encontrar información de interese para o empresario, xa sexa persoa física ou xurídica e para o emprendedo.
www.portalempresarialmadrid.org
Buscador de convenios - autonómico
Buscador de convenios colectivos de ámbito autonómico.
Buscador de convenios - estatal
Buscador de convenios de ámbito estatal.
- Consolidación empresarial
-
Procedementos de calidade
Aquí poderás atopar unha serie de procedementos de calidade para a mellora da xestión nas micropemes. Os procedementos poden ser de tipo xeral, comúns a case todas as actividades empresariais, ou de tipo específico, propios dunha determinada actividade.
Sistemas de xestión: metodoloxía de boas prácticas
Están dispoñibles en formato CD dous modelos de sistemas de xestión (Reinxeñería de procesos e Sistemas de intelixencia comercial e competitiva), dirixidos ás empresas galegas, de xeito que sirvan como unha guía que facilite o deseño e implantación dos mesmos.
Manuais prácticos das pemes
Os manuais prácticos das pemes ofrecen as pautas necesarias para que, empresarios e emprendedores, creen a súa propia análise en materias de xestión empresarial: marketing, internacionalización, innovación, novas tecnoloxías, etc.
Buscador de feiras
Esta ferramenta permite facer unha busca das feiras e congresos que se realizan nos recintos feirais españois. A busca pódese facer polo nome do salón, polas datas de celebración, por sector, por cidade na que se celebra ou polo nome da institución feiral. Ademais hai tamén unha guía de proveedores feirais.
MEMOFichas
Nas Memofichas podes atopar información útil para o proceso de consolidación das empresas, como por exemplo tipos de contrato que se utilizan (compravenda, arrendamento, bancarios, de seguro...), ou información sobre a obrigatoriedade de establecer un sistema de protección de datos.
- Financiamento
-
Buscador de Axudas
Esta base de datos é un buscador de axudas de distintos organismos e entidades: Igape, Consellerias, Ministerios, etc. A procura pode realizarse por organismo ou por palabra. O resultado permite obter unha ficha resumo da axuda, a orde ou a lexislación correspondente e a súa vixencia. Permite ver o listaxe de axudas derogadas ou fora de prazo.
MEMOFichas
Esta ferramenta recolle un compendio sobre como e onde obter recursos financeiros.
Cálculo de préstamo
Coas seguintes ferramentas deseñadas para folla de cálculo poderas calcular un préstamo por distintos métodos.
Información sobre financiamento
Esta páxina recolle información sobre financiamento e trámites a seguir.
Insrumentos financeiros
Aquí podes atopar un conxunto de instrumentos que facilitan o acceso da peme aos recursos financeiros necesarios para o desenvolvemento dos seus proxectos de investimento (préstamo, renting, capital risco, factoring...). Ademais tes unha pequena explicación para coñecer en que consiste cada un deles.
- Internacionalización
-
O IGAPE lanza ExportGalicia como instrumento para apoiar a internacionalización das empresas
O Instituto Galego de Promoción Económica ven de lanzar exportgalicia.com, un novo portal web para dar apoio á internacionalización das empresas galegas, das asociacións de empresarios galegas e das asociacións de empresarios galegos no exterior.
Apoios do I GAPE á internacionalización
O IGAPE asiste aos empresarios nas diferentes fases do proceso: na análise da propia capacidade de internacionalización, na elaboración dos estudos de produtos e mercados, na superación das barreiras idiomáticas ou na exportación con seguridade.
Autodiagnóstico para a peme
Este instrumento interactivo permite ás pequenas e medianas empresas obter un diagnóstico sobre a súa situación para iniciar a apertura cara o exterior (internacionalización).
Buscador de estudos de mercado
A través desta base de datos o empresario/emprendedor pode dispoñer de información previa respecto a potenciais mercados exteriores, en aspectos como perfil do país, sector do produto a exportar, demanda interna, prezos, canles de comercialización, custos publicitarios, normativa tributaria e legal etc.
Oportunidades comerciais
A través desta aplicación, o emprendedor ou empresario pode coñecer todas as oportunidades comerciais dispoñibles en terceiros países.
Rede mundial de empresarios e profesionais de orixe galega
O IGAPE tamén mantén instrumentos como o portal web www.rede.galiciaexterior.es, co obxectivo de facilitar a cooperación, os negocios ou as alianzas entre os empresarios e profesionais galegos ou de orixe galega, á marxe de país ou continente onde se atopen.
Oportunidades de negocio internacionais
O Instituto Español de Comercio Exteriror (ICEX) ofrece a emprendedores e empresarios a posibilidade de dispoñer de información relativa a demandas de importadores, distribuídores ou usuarios finais estranxeiros; oportunidades de investimento e privatizacións; licitacións de obras, subministros e servizos en países industrializados e oportunidades de negocio con financiación multilateral.
Interpretación telefónica
O IGAPE pon a disposicion das empresas galegas un servizo de interpretación telefónica para facilitar a comunicación co exterior sen a barreira dos idiomas.
- Desenvolvemento Local
-
DIAGNÓSTICO DO TERRITORIO
Indicadores para emprender Editar
Esta ferramenta é unha selección dos indicadores máis importantes para a toma de decisións empresariais (económicos, demográficos e sociais) e as tendencias, presentando a información a nivel municipal, provincial e autonómico.
Diagnósticos do territorio
Aquí poderás atopar unha serie de diagnósticos xerais da área de Vigo ou de concellos da mancomunidade da área intermunicipal de Vigo.
BUSCADOR DE EMPRESAS / SOLO INDUSTRIAL
Empresas de Galicia
Este buscador permite localizar datos de empresas galegas a partir do seu nome comercial ou do sector ao que pertencen, por localidade ou provincia na que están situadas, ou pola marca dos seus produtos.
Guía Ardán
Esta base de datos permite facer unha busca de empresas, segundo domicilio social, actividade ou variables económicas. Recolle basicamente as empresas que están constituídas baixo unha forma mercantil.
Guía de comercio
Buscador de comercios por provincia ou por actividade que desenvolve, e de asociacións comerciais.
BANCO DE IDEAS EN DESENVOLVEMENTO LOCAL
Banco de proxectos empresariais
Esta ferramenta consiste nunha base de datos de ideas que se converteron en empresas. Cada unha das fichas conten información sobre os aspectos máis importantes: orixe da idea, investimento necesario, financiamento, perfil dos emprendedores, etc.
Banco de ideas en desenvolvemento local
Banco de accións de desenvolvemento local postas en marcha en diferentes zonas xeográficas, e que constitúen exemplos de boas prácticas. Pódese facer unha busca por tipo de actuación, ámbito xeográfico ou por sector que as promove.
Informes de sectores
Aquí recóllense unha serie de informes que poden ser un apoio para potenciais emprendedores, e nos que hai información sobre a situación de diferentes sectores de actividade.
OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN ENTORNOS LOCAIS
Oportunidades de negocio en entornos locais
Oportunidades de negocio adaptadas ao entornos locais, obtidas a partir de proxectos de detección de oportunidade.
- Empleo
-
Portal de Empleo
Este portal de la Fundación Cultural da Estrada es una herramienta aberta de prestación de servicios de información, formación y búsqueda de empleo.
CEGASAL (Asociación Empresarial Gallega de Centros Especiales de Empleo sin Ánimo de Lucro
Este portal presta servicios de bolsa de empleo, formación, normativa laboral, etc con el objetivo de formentar el empleo de calidad entre as personas con discapacidad y entre personas en situación o riesgo de exclusion social .
- Biblioteca
-
Organización inscritas no Rexistro de Entidades Area Discapacidades
Relación de entidades que operan a favor de persoas con discapacidade inscritas no Rexistro do Servizo de Inspección nas Areas de Servizos comunitarios e insclusión social (Xunta de Galicia).
A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedracións inscritas no Rexistro de Entidades Area Discapacidades
Sociedades Cooperativas
Recompilación de normativa autonómica sobre sociedades cooperativas
http://www.cooperativasdegalicia.com
Prevención de riscos laborais
Manual sobre a prevención de riscos laborais para pemes e autónomos.
http://www.cepyme.es
Guía para a realización dun estudo de mercado
Este manual ofrece las pautas que se deben seguir na elaboración dun estudo de mercado.
http://www.bicgalicia.org
Guía para a realización dun estudo de mercado
Este manual ofrece unha visión íntegra do marketing como concepto e como ferramenta de traballo na xestión diaria da empresa. Estrutúrase en dúas partes: unha teórica que explica en que consiste o marketing, e outra práctica que axuda a elaborar un plan de marketing.
http://www.bicgalicia.org
Guía para a búsqueda de emprego
Guía para a busca de emprego, partindo dunha estratexia propia, con axenda e usando as canles máis axeitadas.
http://www.redtrabaja.es
Como atopar emprego
Guía práctica para a busca de emprego.
http://traballoxunta.es
O papel dos viveiros de empresa en Galicia como axentes de promoción económica e xeración de emprego
O presente libro analiza que é un viveiro de empresa, a súa funcionalidade, obxectivos, vantaxes e limitacións, así como afonda nas características dos viveiros en Galicia, o perfil do emprendedor, e a contribución económica dos viveiros galegos como xeradores de empresas e creación de emprego.
O libro está editado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e conta cos prólogos da Excma. Conselleira de Traballo, Dona Beatriz Mato Otero e do Director Xeral de Promoción do Emprego, D. Andrés Hermida Trastoy.
Os autores do libro son os profesores D. Francisco Jesús Ferreiro Seoane da Universidade de Santiago de Compostela e D. Alberto Vaquero García da Universidade de Vigo.
http://www.bicgalicia.org
|
|


