INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Inicio > Bic Galicia > Entorno Bic
Entorno Bic

O Igape depende da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia ten como obxectivo proporcionar, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, actividades e servizos que melloren a presenza e creación de empresas a nivel rexional, poñendo en marcha un mecanismo activo e permanente.

Os BICs créanse en 1984 pola Dirección Xeral de Política Rexional (DG XVI) da Comisión de Comunidades Europeas co obxectivo de dinamizar os recursos locais para estimular e propiciar a creación e desenvolvemento de empresas innovadoras ou diversificación das existentes. Na actualidade hai 160 CEEI en toda a Unión Europea asociados na rede EBN (European Business and Innovation Center Network), dos cales 23 sitúanse en España reunidos en ANCES (Asociación Nacional de CEEIs Españois).

 

Rede AncesO IGAPE pertence á rede ANCES (Asociación Nacional de CEEIs Españoles) e á EBN (European Bic Network). O modelo de EC-BIC definiuse en 1984 pola Comisión Europea.

 

Evolución

    • Entre outras actividades, promoven a creación de empresas innovadoras.
    • Nos inicios actuaban sobre áreas industriais en declive.
    • Na actualidade son un instrumento ó servicio do desenvolvemento rexional e fonte de servizos e ferramentas para impulsar o emprendemento e a mellora da competitividade empresarial.
    • Marca BIC distintivo de calidade.
    • Créase a asociación europea para fomentar a creación de BICs como instrumento de desenvolvemento rexional e lograr o obxectivo de converxencia.
    • Dende os seus inicios, o número de BICs creceu de forma continua grazas ós éxitos alcanzados nas rexións nas que se implantan.

 

Organización

Sistema de organización en redes de cooperación a dous niveis:
 
     • Nacional
     • Internacional

    • España: ANCES (23 membros)
    • Europa: EBN (160 membros en 21 países)
    • América: NBIA (na misma liña, agrupa incubadoras de empresas)

    • Organizacións sen ánimo de lucro
    • Traballan nunha área específica
    • Reconocidos polos organismos públicos relevantes no marco da súa misión
    • Actúan en coordinación con outras organizacións de apoio
    • Presuposto específico
    • Instalacións claramente identificadas
    • Equipo humano propio

Han de ser soporte dos organismos públicos e autoridades locais (a nivel local, provincial ou rexional) no diseño e implementación de programas de desenvolvemento económico a través da creación de novas empresas ou a mellora da competitividade das existentes.

     • Programas spin-off
     • Desenvolvemento de clusters
     • Programas de internacionalización
     • Benchmarking internacional
     • Mellora das posibilidades de financiamento