| Quen somos |
|
O IGAPE, ten entre as súas funcións fomentar o espírito emprendedor, apoiar a creación de empresas, dotar os futuros empresarios dos coñecementos e habilidades necesarias para xestionar a súa empresa e apoiar a consolidación e innovación no tecido empresarial galego. Para acadar estes obxectivos colabora con diversas entidades públicas e privadas como concellos, cámaras de comercio, asociacións empresariais e de autónomos, centros educativos e universidades, obradoiros de emprego, fundacións etc, ademáis de formar parte da Rede Europea de Centros de Empresas e Innovación (EBN) e da Rede Española de CEEIs (ANCES), para, deste xeito, estar presente no maior número de lugares e actuar sobre o maior número de persoas pertencentes aos colectivos a que se dirixe:
Os medios utilizados por IGAPE para favorecer a creación e consolidación de empresas –cursos e seminarios, estudos sectoriais, publicacións, programas informáticos...– estrutúranse a partir de tres parámetros básicos que determinan a natureza, o público obxectivo e o nivel de acceso a estes recursos.
Contacto Igape Web: www.bicgalicia.org Email: contacto Teléfono: 902300903 Fax: 981546832 Dirección: Barrio de San Lázaro 63A. Edificio Igape 3º. 15.703-Santiago de Compostela Localización
|



