INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
|
Programa Innocoaching: Apoiando a creación e consolidación de novas empresas |
 |
| |
|
INICIATIVA PARA A FORMACIÓN E ACOMPAÑAMENTO A COACHES EMPRENDEDORES
|
| |
|
“Creando e consolidando empresas innovadoras a través do coaching”
|
| |
|
¿Que é Innocoaching?
É un programa formativo que impulsa o crecemento e a consolidación da empresa mediante a formación de coaches no ámbito da innovación.
Os eidos en que traballa o Innocoaching son:
- A implicación e proactividade no cambio necesario: “A solución está na empresa”
- O aumento do rendemento das persoas pola maior motivación: “O talento é unha especie que crece nas condicións axeitadas”
- A coordinación do equipo que compón a empresa: “O equipo é moito máis que a suma das partes”
- A transmisión de coñecementos entre as persoas e a aprendizaxe continua: “A organización que aprende”
A finalidade é promover a cultura da competitividade na empresa a través da aplicación das ferramentas de coaching co fortalecemento das habilidades persoais e de equipo para innovar e mellorar a produtividade das empresas.
|
| |
| ¿A quen vai dirixido?
Os servizos van dirixidos fundamentalmente a persoas de empresas de nova creación que teñan responsabilidades no ámbito da innovación empresarial
|
| |
¿Como se desenvolve o programa INNOCOACHING?
- Selecciónase a persoas clave de empresas de recente creación.
- A persoa realiza un programa de formación en coaching específico para a mellora competitiva e consolidación da empresa.
- A persoa aplica a metodoloxía aprendida en cada empresa a través dun programa de titorización de coaching interno para a implementación de proxectos concretos de innovación destinados á consolidación da nova empresa.
Celebrarase unha xornada de información o día 5 de outubro para expoñer o programa e informar ás persoas e empresas interesadas en participar no programa formativo.
|
| |
| CALENDARIO
| XORNADAS |
DATA |
LUGAR |
HORARIO |
| XORNADA DE CAPTACIÓN DO PROGRAMA INNOCOACHING |
05/10/2011 |
Santiago - FEUGA |
19:00-20:30
|
|
+ Información |
| |
| Máis Información:
Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo
|
| |
 |
|