
Estes documentos son o resultado da utilización de moitos dos recursos que BIC GALICIA ten desenvolvido para apoiar á creación e consolidación de empresas, aplicados de forma práctica sobre unha idea empresarial concreta.
Cada modelo desenvolve un proxecto empresarial de forma íntegra, mostrando unha análise da viabilidade técnica, comercial, financeira e económica da futura empresa, co obxectivo final de presentar un documento completo, que sen substituír o traballo específico do emprendedor ou do técnico, lle facilite información de interese e lle sirva coma exemplo e referencia para o desenvolvemento do seu propio plan de negocio.
Ao longo do texto o lector atopará notas alleas ao discorrer do mesmo, estas notas, claramente diferenciadas, mencionan os recursos e ferramentas de BIC GALICIA empregados na elaboración dun apartado xenérico ou dun epígrafe concreto do proxecto. A súa consulta facilitará a adaptación dos Modelos de Plan de Negocio á situación particular de cada emprendedor e/ou ampliar información sobre conceptos fundamentais na creación, posta en marcha e consolación dunha empresa.
Plans dispoñibles: Aloxamento con restauración. Consultora de enerxías renovables. Enerxias Renovables. Empresa de servizos informáticos. Tenda de conveniencia. Consultora medioambiental. Spa-Centro de beleza. Centro de Día. Centro deportivo de desenvolvemento persoal. Parque infantil. Taller de reparación de vehículos. Centro de formación. Servizos integrais de limpeza e mantemento.