INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Inicio > Formación
Formación

 
Obxectivos

O programa formativo de Bic Galicia é un amplo e completo catálogo de cursos e seminarios que se adaptan  ás necesidades dos distintos perfís de colectivos aos que Bic Galicia se dirixe: emprendedores, micropemes e pemes, autónomos. estudantes e profesores e Axentes de emprego e desenvolvemento local (AEDL).

 Os seminarios impártense de forma presencial en colaboración con distintas entidades como concellos, colexios profesionais, cámaras de comercio, centros educativos, asociacións empresariais etc. en localidades das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, e de forma telemática a través do campus virtual de Bic Galicia.

 

 Oferta formativa

  • Seminarios para emprendedores.  Os distintos cursos comparten o obxectivo de fomentar o espírito emprendedor e facilitar a creación e posta en marcha empresas coas maiores garantías posibles de éxito, abarcando todo o proceso dende a motivación emprendedora ata a elaboración do plan de negocio.
  • Seminarios para micropemes, pemes e autónomos. O obxectivo destes cursos é capacitar aos novos empresarios dos coñecementos necesarios para unha boa xestión empresarial que permita a consolidación e o crecemento do seu negocio.
  • Seminarios no ámbito educativo. Durante todo o ano teñen lugar acción formativas para alumnos e profesores de carácter xenérico (motivación emprendedora) ou específico a partir da participación en distintos programas e proxectos coa Universidade, Centros de FP, ESO....
  • Seminarios para AEDL. Os cursos para os técnicos de promoción económica aportan a estos profesionais, coñecementos, capacidades, habilidades e ferramentas de traballo útiles para a realización do seu labor.

 

Inscribirse nun seminario

As persoas interesadas en asistir como alumno poderán consultar na Axenda de cursos da Web de Bic Galicia  as datas e lugares de realización dos diferentes cursos, así como a entidade que participa na súa organización.

Para realizar os cursos on-line abondará con consultar as convocatorias abertas no Campus Virtual da Web.

 

Organizar un seminario

As entidades interesadas en organizar algúns dos cursos no seu territorio e/ou centro, deberán poñerse en Contacto con nos.