INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Inicio > Consolidación empresarial > Histórico de programas

Histórico de programas de consolidación empresarial

Benvende: xornadas

BenvendeA Concellería de Economía e Industria, a través de BIC Galicia, pon en marcha o Programa Benvende, que ten como finalidade fomentar as relacións comerciais entre as empresas galegas a través de xornadas de negocios.

Estas xornadas, que se celebrarán de forma periódica, son un foro aberto no que as empresas se poden dar a coñecer, ofertar os seus productos e servizos e aumentar a súa rede de contactos.

Trátase de impulsar novas oportunidades de negocio, de unir esforzos e  crear sinerxias que favorezan ao conxunto do tecido empresarial galego, e de fomentar a cooperación para reactivar a economía e o emprego.

PARTICIPANTES

Nas xornadas participarán empresas asociadas a Eganet - Empresas galegas adicadas a internet e ás novas tecnoloxías-, ás Asociacións de xoves empresarios, a Aemos - Asociación de empresarios de Mos- e a Aegama - Asociación de empresarios gallegos en Madrid-.

DINÁMICA DAS XORNADAS

As persoas participantes presentarán as súas empresas, en reunións de 15 minutos de duración, a cada unha das demais. Desta manira, o contacto persoal e directo está garantido, facilitando os encontros que posteriormente se poidan establecer para presentacións máis extensas.

1ª Xornada de negocios. Martes, 12 de xullo de 2011 - Hotel Pazo los Escudos, Vigo

Máis información